Concello de Boborás


A novela “Aqueles días en que éramos malas”, de Inma López Silva, e a publicación “Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936”, de Xosé Ramón Pena, resultaron gañadoras nas modalidades de creación literaria e investigación e ensaio, respectivamente, no XXXII Premio Antón Losada Diéguez. O xurado valorou moi positivamente a gran calidade das obras a concurso (30 en creación literaria e 12 en investigación e ensaio), o que dificultou o fallo, prolongándose o debate do xurado desde as 11,00 ás 13,30 horas.

Da obra "Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936", editada por Edicións Xerais , o xurado destacou “a metodoloxía utilizada, o enfoque novidoso e actual, os contrastes con outras investigacións e a referencia a acontecementos históricos e a culturas que enriquecen este ambicioso proxecto”.

 

 

Foto: Martiño Pinal

De “Aqueles días en que éramos malas”, editada por Galaxia, o xurado destaca “a utilización de varias voces femininas que lle van confesando á narradora as súas experiencias e as circunstancias que as levaron ó cárcere”. Salienta tamén o xurado “os diversos rexistros lingüísticos e unha habelencia discursiva que ofrece diferentes posibilidades de lectura, resultando un conxunto de historias vitais ben trabado e con categoría literaria”.

Inma López Silva mostrábase "moi satisfeita porque é un premio moi importante ao que non te presentas (fano as editoriais), e que te recoñezan, é unha honra". Sobre a novela apuntou que se publicou no mes de xuño do ano pasado e que trata das historias de cinco mulleres no cárcere da Lama. "Falan das súas vidas, do que as levou a delinquir e unha delas é escritora. Aborda o determinismo social, a maioría delas son vítimas da súa situación social e da pobreza".

Xosé Ramón Pena é a segunda vez que recibe o premio Antón Losada Diéguez. O primeiro gañouno hai casi 30 anos pola novela "Para despois do adeus". Asegura que "sempre é unha sorpresa gañar porque é moi complicado, xa que compites con obras de ámbitos diferentes, o xurado é moi amplo e os criterios poden variar". O escritor e investigador sinalou que leva casi seis anos coa Historia da Literatura, e que xa está a traballar no cuarto volume. "Quero entregalo por estas datas no ano que ven. Eu poño os prazos, porque nun traballo destas características non podes romper a disciplina".

Este premio, que convocan os concellos de Boborás e O Carballiño e co que colabora a Deputación de Ourense, está dotado con 6.000 euros en cada modalidade e será entregado no transcurso dun acto que se celebrará o próximo 10 de xuño en Moldes (Boborás), no Pazo da familia Losada. A organización desta XXXII edición do premio Antón Losada Diéguez correspondeulle a Carballiño, concello que se alterna co de Boborás cada ano. 

Dous doutores en Filoloxía que xa acumulan varias novelas e ensaios

Inma López Silva (Santiago de Compostela, 1978) é licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, doutora en Filoloxía pola mesma Universidade, é investigadora e crítica teatral. Outras obras súas de narrativa son: "Rosas, corvos e cancións", "Concubinas", "Neve en abril", "Non quero ser Doris Day", "New York, New York", "Memoria de cidades sen luz" e "Tinta". Ademais é autora de diversos ensaios sobre teatro.

Xosé Ramón Pena (Betanzos, 1956) é licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutor en Filoloxía. Profesor nas universidades de Vigo e California (Sta. Barbara), e na actualidade traballa como catedrático de Lingua e Literatura Galega en Vigo, ademais imparte clases na UNED. É autor de títulos como "Manuel Antonio e a vangarda", "Xograres do mar de Vigo", "Historia da literatura medieval galego-portuguesa". Tamén realizou estudos de "Na noite estrelecida, "Da Terra asoballada", "A esmorga", "No desterro". En narrativa ten títulos como "O reverso do espello", "Para despois do adeus", "Paixóns privadas", "A era de Acuario", "Fado de princesa", "A batalla do paraíso triste" e "Como en Alxeria".

 

Enlace á noticia: http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/inma-lopez-xose-ramon-pena-ganan-premio-anton-losada/20170423093642702963.html

 

 

Fonte do contido: La Región

Campamentos de Verán 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2017

Servizos ofertados
As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída,  ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16:00 e as 19:00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.

Ler mais ...

O Concello de Boborás pon en marcha un proceso selectivo para a provisión do posto de secretaría-intervención.

Archivos adxuntos:

- Bases

- Publicación Resolución de Lista Provisional de Admitidos/as e Excluídos/as

- Publicación Enmenda de Errores

- Publicación BOP 27/03/2017

- Publicación Lista Definitiva de Admitidos/as e Excluídos/as

Continuando co programa de Roteiros Culturais que organiza o Concello de Boborás para este 2017, co apoio económico da Deputación de Ourense e a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas, o segundo deles e tras o éxito da da de Moldes, coa asistencia de medio cento de persoas, será o da Parroquia de Xurenzás.

Os/as interesados/as deberán de estar ás 9.30 horas no punto de encontro, neste caso a Igrexa de Xurenzás.  É importante levar calzado cómodo, auga e algunha froita.

Duración aproximada: 4 horas.

 

Abride ben os ollos, e descubride os tesouros do noso Concello!!

 

O Concello de Boborás organiza xunto coa colaboración da Asociación Fotográfica “O Potiños” e a Deputación de Ourense, un concurso fotográfico baixo o título “Boborás, arte e natureza e as súas xentes”, sendo esta a segunda edición, con moi boa participación na primeira convocatoria.

Cuns premios de 400, 250 e 100 euros para os tres gañadores, trátase dunha actividade máis para dar a coñecer o noso concello, de grande interese tanto natural como patrimonial, aos participantes do concurso como para quen posteriormente desfruten das fotos finais nas exposicións que despois da finalización do mesmo se poñan en marcha ademais da súa publicación en diversos traballos de difusión cultural e turística nas que traballa o Concello de Boborás.

Ademais tamén haberá tres accésit de recoñecemento para as seguintes tres mellores fotos que elixa o xurado.

O día oficial da entrega dos premios, que nesta ocasión será o 2 de xullo de 2017 ás 11.30 horas en Casa Anxeliña, sorteranse entre os participantes asistentes 5 noites, unha por cada casa de turismo rural de Boborás e dous estuches con viño ribeiro Pazo Tizón de Moldes, galardoado como o mellor ribeiro branco de colleiteiro 2015.

 

Fonte do contido: Concello de Boborás

Dentro do programa de Roteiros Culturais que organiza o Concello de Boborás para este 2017 co apoio económico da Deputación de Ourense a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas, o primeiro deles será o da Parroquia de Moldes.

Os/as interesados/as deberán de estar ás 9.30 horas no punto de encontro, neste caso a Carballeira de Moldes.  É importante levar calzado cómodo, auga e algunha froita.

Duración aproximada: 4 horas.

 

Abride ben os ollos, e descubride os tesouros do noso Concello!!

O Concello de Boborás en colaboración coa Deputación de Ourense, e a través do Centro de Estudios Chamoso Lamas pon en marcha a actividade dos “Roteiros Culturais” polo noso municipio, co fin de dar a coñecer os recursos naturais, culturais, patrimoniais e etnográficos de cada unha das nosas 14 parroquias.  O coste desta actividade na súa totalidade será de 4.053 euros, financiado nun alto porcentaxe pola Deputación de Ourense.

A actividade principal será a divulgación dos recursos antes mencionados, que posúe o Concello de Boborás. En concreto esta programación cultural farase en cada unha das parroquias do municipio, exceptuando o caso de Brués, no que haberá dúas, co fin neste caso e sendo a última unha delas, a de ver a evolución do monte de Coto Molín tralo incendio que o asolou en setembro de 2016.

As visitas programaranse dende abril e ata novembro, cunha media de dúas por mes. Serán os domingos de 9.30 a a 13.30 horas. Dende o Concello farase difusión de cada unha delas, tanto entre os veciños e as veciñas da parroquia en cuestión, así como do resto do Concello e entre os numerosos visitantes que recibe ao longo do ano procedentes de diferentes partes do mundo, e que quedan asombrados polo inmenso, fermoso e importante patrimonio que o noso municipio posúe.

Debido ao gran numero de recursos visitables que ten o noso concello, para este 2017 faranse os roteiros por partes concretas de cada parroquia, quedando aínda recursos por ver nos roteiros culturais que se prevén realizar no ano 2018.

As visitas levaranse a cabo da man dos historiadores e arqueólogos, Xosé Luis Sobrado e Jorge Lamas, así como o biólogo Diego Reboredo e o investigador Juanjo Álvarez, entre outros. Este último será o encargado de incluír en dúas das visitas unha experiencia de arqueoloxía experimental.

Para asistir a estes roteiros, non fará falta ningún tipo de inscrición, chegará con presentarse na hora indicada en cada un dos puntos de encontro que se marquen. A asistencia será gratuíta para os que participen e recomendase que traian calzado cómodo para camiña, así como auga e algunha froita ou froito seco.

 

O Concello de Boborás pon en marcha un proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/ha Axente Tic para a Aula Cemit de Boborás, integrada na rede de Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CEMIT).

 

Archivos adxuntos:

 

- Bases

- Anexos I e II

- Publicación Resolución de nomeamento de Tribunal, lista de admitidos e data de valoración de méritos.

- Acta do Tribunal

- Publicación da resolución do nomeamentos do/a candidato/a seleccionado/a

 

Curso Práctico de Poda

Publicado o //

O Concello de Boborás organiza do 20 ao 23 de marzo un curso práctico de poda para os veciños e as veciñas do noso municipio interesados/as en aprender esta técnica.

Tratase dun curso totalmente gratuíto, con parte teórica e práctica. Prazas limitadas.

Para anotarse, pódese chamar ao teléfono 988 402 008 ou nas oficinas do Concello.

O Concello de Boborás celebrará “ A noite dos Rodos” en Pazos de Arenteiro par ao vindeiro 27 de febreiro de 2017 ás 21.30 horas.

O punto de encontro será coma sempre a Ponte en Pazos de Arenteiro, e os participantes deberán traer un rodo, apeiro tradicional, sen o pau e atado cun cordel e un ferro para tocar. As persoas poden vir disfrazadas, sendo a costume que os homes fosen vestidos de mulleres e viceversa. Ao remate haberá un agapé para os que participaron na actividade.

Esta iniciativa organizase co fin de recuperar o entroido tradicional de Boborás, con figuras como os “Rodos de Pazos” ou os “Felos de Feás”. Para este ano fanse a primeira das figuras, e de cara o ano que ven xa se prevén organizar meses antes o dos “Felos” que xa supón a elaboración dos sombreiros típicos e algunhas prendas que compoñen o traxe, e que se prepararán con obradoiros concretos para todos e todas os veciños e as veciñas que desexen participar.

Juan José Álvarez, Xosé Luis Sobrado, Diego Reboredo e Jorge Lamas, investigadores do Centro de Estudio Chamoso Lamas están a recoller a tradición do entroido do Concello de Boborás, co fin de recrealo o máis fiel posible a cando se facían antigamente e coñecer se había algunha costume máis, hoxe perdida. Esta institución colabora na organización da “Noite dos Rodos” 2017, coa elaboración e deseño do orixinal cartel, feito por Diego Reboredo.

O 28 de xaneiro de 2017, a partir das 10.45 horas terá lugar o Campeonato Galego de Mushing de Sprint Terra no municipio de Boborás.

Incluíndo as modalidades de Bikejoring, Canicross, Patín, Triciclo e relevos por equipos este é o noveno ano de celebración no noso concello.

 

Animádevos a participar ou a coñecelo. Ao final teremos chocolate quente!!!

 

ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL NO CONCELLO DE BOBORÁS

A Consellería de Medioambiente e Ordenación do Territorio emitiu unha orde para que as entidades locais elaboren Estratexias de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas.

Dita estratexia esta cofinanciada con fondos europeos de desenvolvemento rexional (FEDER) no marco operativo Feder Galicia 2014-2020 nun 80%.

O concello de BOBORÁS  está a elaborar a súa Estratexia de Sustentabilidade Ambiental para contribuír a mellorar o seu comportamento fronte o cambio climático, con base no estado ambiental actual. A estratexia está relacionada, principalmente, coa redución dos gases de efecto invernadoiro e a adaptación aos efectos adversos do cambio climático

 

A escala local os residuos e a enerxía van a representar un elevado porcentaxe do total das emisións de GEI, polo que dentro da xestión municipal poderían proporse medidas de adaptación ao cambio climático no campo da XESTIÓN DE RESIDUOS facendo especial fincapé a aquelas fraccións con maior contribución ás emisións, e tamén no campo da ENERXÍA, a través de medidas de aforro e eficiencia enerxética, as cales ademais dun efecto directo, teñen sobre todo un efecto indirecto, multiplicador pola súa capacidade de demostración exemplo para orientar aos cidadáns e os axentes do municipio.

 

Fonte do contido: Publicado 20/09/2016

 

A Xunta de Galicia concédelle ao Concello de Boborás unha subvención de 15.000 euros para a mellora das infraestruturas e equipamento para o Punto de Atención á Infancia.

 A intervención que se levará a cabo consistirá na creación e acondicionamento dunha area de recreo delimitada e cun solo adaptado nun espazo de 80 metros cadrados sobre o que se instalará un módulo de xogo no que se integran varios elementos, todos eles adaptados a idades de 3 meses a 3 anos.

O espazo a adecuar, é compartido co “Ceip Nosa Señora de Xuvencos” de Boborás, polo que desta mellora non só se benefician os cativos de menos de tres anos, senon tamén os de infantil.

O importe desta subvención está financiado nun 80 %, 12.000 euros, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 para intervencións nas infraestructuras para a atención e a educación de primeira infancia”. A subvención cubre a totalidade dos costes das melloras que se van a realizar.

O Concello con este tipo de actuación segue apostando por mellorar a calidade de vida dos nosos nenos e das nosas nenas, apostando pola vida e crianza no rural. Ademais prevé máis adiante dotar de máis elementos lúdicos este espazo.

 

 

 

 

O Concello de Boborás executa nestes momentos as obras de acondicionamento de tres áreas de recreio, unha na Almuzara e a outras dous no Regueiro. As tres están situadas na marxe da N-541, os antigos tramos mortos da antiga estrada de Ourense a Pontevedra. Estos espazos foron cedidos no 2015 polo Ministerio de Fomento ao Concello, logo da petición deste, e atopabanse en mal estado de conservación polo que se acondicionan para o descanso de condutores, disfrute dos veciños e das veciñas así como para mellorar o entorno de establecementos de hostalería que se suceden nestas zonas.

Os traballos consisten en pavimentar, ocultar contenedores, instalar mobiliario urbano e habilitar zonas de aparcamento.

No caso da Almuzara, tamén se soterrará ao cableado e se instalará novo alumeado e un parque infantil. Neste espazo, ademais tamén prevemos ubicar o punto de información turística, a mesma farase co permiso de Patrimonio, ao estar nas inmediacións do Pazo de Almuzara.

Ademais tamén se prevé máis adiante colocar unha fonte ornamental.

O proxecto de intervención nestos tres espazos públicos execútase coa financiación dos Plan Provinciais, da Deputación de Ourense do ano 2016. O importe da obra ascende aos 62.290 euros, dos que a entidade provincial aporta 53.000 euros.

 

ROSA GONZÁLEZ DOPORTO, ALCALDESA EN FUNCIÓNS DO CONCELLO DE BOBORAS, INFORMA

 

A unidade móbil de inspección técnica desprazarase a este Concello para realizar as inspeccións periódicas de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS  (Vehículos sen carga) o vindeiro 30 DE NOVEMBRO DE 2016.

 

A dita unidade móvil estará situada no campo de fútbol (ó lado do pavillón).

 

As inspeccións realizaranse en horario de 9.00 a 13.30 h.

 

Poden solicitar cita previa:

 

 

 

Os interesados poden informarse máis polo miúdo nas oficinas municipais.

 

 

 

Boborás, 07 de novembro de 2016

 

A Alcaldesa

 

A Consellería de Vivenda e Infraestruturas da Xunta de Galicia comezou as obras de mellora no sobrante da N-541, na OU-164, no lugar de Nogueira.

O tramo a mellorar é de 2,4 quilómetros e ten unha inversión de 59.000 euros.

 

 

O Concello de Boborás, Maside, O Carballiño e San Amaro inician en setembro o obradoiro de emprego 2016/2017, que dará traballo e formación a un total de 20 persoas, cinco por municipio, ademais de catro monitores, un administrativo, un profesor e un director.

Os catros módulos son de albanelería.

No caso do Concello de Boborás, as obras consistirán no adoquinamento dun tramo de 300 metros de rúa, na zona do Igrexario, entre o tramo xa adoquinado e o acceso ao camiño do cemiterio. Este tramo, é moi irregular e presenta pedras saintes o que difulta o acceso ao núcleo. Ademáis tamén se dotará de catro puntos de luz e se canalizarán as augas pluviais.

Ao acto de presentación do obradoiro de emprego acudiu Rosa González; como alcaldesa en funcións, Ernesto Pérez; alcalde do San Amaro, Adolfo Nogueira; concelleiro do Carballiño e Celso Fernández; alcalde de Maside.

 

O Concello de Boborás pon en marcha unhas visitas guiadas de carácter turístico de xullo a outubro de 2016.

Este é o plan de visitas:

Venres tarde: Ruta de Moldes.

Punto de encontro: 17.00 h Carballeira de Moldes.

Visitas: Igrexa románica de San Mamede, Antigos postos da Feira, exteriores da Casa M. Chamoso Lamas, visita á fortaleza e ponte de Castro Cabadoso.

Sábado mañá: Ruta de Moldes.

Punto de encontro: 11:00 h Carballeira de Moldes.

Visitas: Igrexa románica de San Mamede, Antigos postos da Feira, exteriores da Casa M. Chamoso Lamas, Pazo Antón Losada Diéguez, Adega-Pazo Tizón (inclúe cata).

Sábado tarde: Ruta  Pazos de Arenteiro

Punto de encontro: 17:00 h Ponte río Avía en Pazos de Arenteiro.

Visitas: Ponte da Cruz, Ruta ata o Puzo dos Fumes e Conxunto Histórico Artístico de Pazos de Arenteiro e a Igrexa románica de San Salvador.

Domingo: Ruta  Pazos de Arenteiro.

Punto de encontro: 11:00 h Ponte río Avía en Pazos de Arenteiro.

Visitas: Ponte da Cruz, Ruta ata o Puzo dos Fumes e Conxunto Histórico Artístico de Pazos de Arenteiro.

Información y reservas: 988402008 –681 166 180- 681 166 180- ou- turismo@boboras.org

Información adicional: os desprazamentos realizaranse por conta do particular. Os/as interesados/as deberán estar no punto de saída á hora indicada. Aconséllase levar calzado cómodo e gorra. O itinerario poderá ser modificado a causa de imprevistos e/ou cando así o conside a guía. Pídese o máximo respecto ao entorno natural e aos monumentos visitados. As  rutas son GRATUITAS. Grupo mínimo 4 persoas.

Os días 30-31 de xullo e 27-28 de agosto no poderán realizarse as visitas guiadas, sendo a súa celebración o mércores, e xoves anteriores. 

Plan Marco 2016

Publicado o //

 

FEADER: INVISTE NO RURAL

FEADER: INVISTE NO RURAL 

PLAN MARCO: PROGRAMA DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL (PDR 2014-2020)

Nº DE EXPEDIENTE: PM 16-0304302a-0202

TÍTULO: PROXECTO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE BATALLÁS E LAXA

Por Resolución do Director Xeral do Agader,de data 12/05/2016,concedeuselle ó Concello de Boborás unha subvención por importe de 60.038,00€, coa seguinte distribuciónde fondos:

Distribución por fondos
FEADER 75% 45.028,50 €
MARM 7,5% 4.502,85 €
AGADER 17,5% 10.506,65 €

 

Cartel Obras Plan Marco 2016. Concello de Boborás

Foto: Cartel obras Plan Marco 2016. Concello de Boborás

Fonte do contido: Publicado: Maio 2016

Campamento de Verán 2016

Publicado o //

O Concello de Boborás organiza para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro concretamente o periodo comprendido dende o 22 de xuño ao 9 de setembro, un campamento de verán totalmente gratuíto para nenos e nenas de entre 3 a 12 anos empadroados/as no municipio, baixo o nome “Soles de Verán”.

As actividades terán lugar dentro do recinto do CEIP Nosa Señora de Xuvencos de 09.00 a 14.30 horas.

Trátase dunha actividade programada seguindo a política de aposta pola conciliación da vida familiar e laboral que mantén o concello.

Entre as actividades destacan: xogos tradicionais, deportes alternativos, xogos populares, manualidades, pintura, taller de reciclaxe, talleres de educación ambiental, de habilidades sociais, coeducación, animación á lectura, teatro, baile, xogos de auga, rutas de sendeirismo, grandes xogos, gymkhanas entre outras actividades.

Como novidade nesta edición contarase ademais con actividades de apoio escolar, dentro do mesmo campamento, para aqueles nenos e nenas que o precisen.

Para máis información e para anotarse poden pasar polas oficinas do Concello ou chamar por teléfono ao 988402008.

 

Boborás,  21 de xuño de 2016

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina

Navegar polos contidos antigos da sección

<