Concello de Boborás


O Concello de Boborás celebrará “ A noite dos Rodos” en Pazos de Arenteiro par ao vindeiro 27 de febreiro de 2017 ás 21.30 horas.

O punto de encontro será coma sempre a Ponte en Pazos de Arenteiro, e os participantes deberán traer un rodo, apeiro tradicional, sen o pau e atado cun cordel e un ferro para tocar. As persoas poden vir disfrazadas, sendo a costume que os homes fosen vestidos de mulleres e viceversa. Ao remate haberá un agapé para os que participaron na actividade.

Esta iniciativa organizase co fin de recuperar o entroido tradicional de Boborás, con figuras como os “Rodos de Pazos” ou os “Felos de Feás”. Para este ano fanse a primeira das figuras, e de cara o ano que ven xa se prevén organizar meses antes o dos “Felos” que xa supón a elaboración dos sombreiros típicos e algunhas prendas que compoñen o traxe, e que se prepararán con obradoiros concretos para todos e todas os veciños e as veciñas que desexen participar.

Juan José Álvarez, Xosé Luis Sobrado, Diego Reboredo e Jorge Lamas, investigadores do Centro de Estudio Chamoso Lamas están a recoller a tradición do entroido do Concello de Boborás, co fin de recrealo o máis fiel posible a cando se facían antigamente e coñecer se había algunha costume máis, hoxe perdida. Esta institución colabora na organización da “Noite dos Rodos” 2017, coa elaboración e deseño do orixinal cartel, feito por Diego Reboredo.

<