Concello de Boborás


O Concello de Boborás organiza xunto coa colaboración da Asociación Fotográfica “O Potiños” e a Deputación de Ourense, un concurso fotográfico baixo o título “Boborás, arte e natureza e as súas xentes”, sendo esta a segunda edición, con moi boa participación na primeira convocatoria.

Cuns premios de 400, 250 e 100 euros para os tres gañadores, trátase dunha actividade máis para dar a coñecer o noso concello, de grande interese tanto natural como patrimonial, aos participantes do concurso como para quen posteriormente desfruten das fotos finais nas exposicións que despois da finalización do mesmo se poñan en marcha ademais da súa publicación en diversos traballos de difusión cultural e turística nas que traballa o Concello de Boborás.

Ademais tamén haberá tres accésit de recoñecemento para as seguintes tres mellores fotos que elixa o xurado.

O día oficial da entrega dos premios, que nesta ocasión será o 2 de xullo de 2017 ás 11.30 horas en Casa Anxeliña, sorteranse entre os participantes asistentes 5 noites, unha por cada casa de turismo rural de Boborás e dous estuches con viño ribeiro Pazo Tizón de Moldes, galardoado como o mellor ribeiro branco de colleiteiro 2015.

 

Fonte do contido: Concello de Boborás

<