Concello de Boborás


 

A Xunta de Galicia concédelle ao Concello de Boborás unha subvención de 15.000 euros para a mellora das infraestruturas e equipamento para o Punto de Atención á Infancia.

 A intervención que se levará a cabo consistirá na creación e acondicionamento dunha area de recreo delimitada e cun solo adaptado nun espazo de 80 metros cadrados sobre o que se instalará un módulo de xogo no que se integran varios elementos, todos eles adaptados a idades de 3 meses a 3 anos.

O espazo a adecuar, é compartido co “Ceip Nosa Señora de Xuvencos” de Boborás, polo que desta mellora non só se benefician os cativos de menos de tres anos, senon tamén os de infantil.

O importe desta subvención está financiado nun 80 %, 12.000 euros, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 para intervencións nas infraestructuras para a atención e a educación de primeira infancia”. A subvención cubre a totalidade dos costes das melloras que se van a realizar.

O Concello con este tipo de actuación segue apostando por mellorar a calidade de vida dos nosos nenos e das nosas nenas, apostando pola vida e crianza no rural. Ademais prevé máis adiante dotar de máis elementos lúdicos este espazo.

 

 

 

 

<