Concello de Boborás


Deportes

Publicado o //

O Concello de Boborás está comprometido co deporte. Por este motivo dende os últimos anos ven organizando unha serie de actividades que se desenvolven no propio municipio para que os veciños e as veciñas poidan acceder ás mesmas sen ter a necesidade de desprazarse fora do Concello e cuns prezos especiais.

Instalacións Deportivas

Publicado o //

pavillón deportivo de Boborás foi construído no 1989 pola Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia para proporcionar ao C.E.I.P. “Nosa Señora de Xuvencos” un espazo no que desenvolver as asignaturas relacionadas coa actividade física.

 Nese primeiro momento, o Concello de Boborás firmou un acordo con dita Consellaría que lle permitía o uso das instalacións fora do horario lectivo, acordo que se mantén na actualidade; de tal xeito, calquera actividade que requerira o uso do pavillón se atopaba supeditada ao uso que se lle dira dende o centro escolar.

No 2010 o concello de Boborás habilitou unha das salas do pavillón como aula de ximnasia. Neste espazo é onde se realiza a actividade de ximnasia de mantemento de Boborás.

Todas aquelas persoas interesadas en solicitar o uso das instalacións pode facelo nas oficinas do concello. Para os veciños e veciñas o uso das mesmas é totalmente gratuito.

<